CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Achegamentos das forzas e corpos de seguridade do estado ao público en Noia

Publicado o 05/05/2018 21:30

Coincidindo con este día de sol, Noia acolleu unha exhibición dos corpos e forzas de seguridade para celebrar o 850 aniversario da fundación da vila.
O público puido ver como é un hospital de campaña ou como traballan os cans adestrados.

Ás once da mañá aterraba un helicóptero da garda civil no paseo marítimo, unha oportunidade de coñecer máis de preto o traballo dos profesionais que, dun xeito ou outro, coidan da poboación.
Entre os corpos de seguridade, tamén destaca a presenza do exército de aire.

A poucos metros, e tamén aberto ao público, un posto sanitario avanzado que instala a Cruz Vermella en eventos de risco previsible. O chamado hospital de campaña.

Os asistentes tamén puideron comprobar como funciona un desfibrilador ou como é o traballo dos bombeiros cando hai un excarceramento nun accidente.

Tamén chamou moitro a atención da xente a exhibición do traballo dos cans adestrados para detectaren droga ou explosivos.