CRTVG

Buscar

Achan restos de bombonas na Casa dos Ulloa de Sarria, polo que o seu incendio puido ser intencionado

Publicado o 12/09/2019 11:20
Achan restos de bombonas na Casa dos Ulloa de Sarria, polo que o seu incendio puido ser intencionado

O achado dos restos de varias bombonas no interior da Casa dos Ulloa, propiedade do Concello de Sarria, en pleno centro, reforza a hipótese de que o lume que se orixinou o pasado día 5 de setembro puido ser intencionado.

O concelleiro responsable de Seguridade, Félix Seijas, indicou que os investigadores da Garda Civil atoparon dentro do inmoble os restos do que poderían ser tres bombonas de butano, ademais de "indicios moi importantes de que o incendio foi intencionado".

Indicou que o Concello de Sarria descoñece os pormenores da investigación, dado que toda a información está agora en mans dos especialistas do instituto armado, que xa determinarían con bastante exactitude "os puntos en que se orixinou o lume".

En todo caso, o edil ten poucas dúbidas de que o incendio foi intencionado, porque as lapas propagáronse cunha "virulencia inusitada" e, "aínda que era unha casa vella, con madeira seca no seu interior", a "carga de lume foi tremenda" en moi pouco tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí