CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Achado un esqueleto de mil anos de antigüidade na Pobra do Brollón

Publicado o 07/12/2017 15:22
O achado dun esqueleto de mil anos de antigüidade na Pobra do Brollón congregou especialistas en arqueoloxía de toda Galicia. Ata alí desprazouse tamén un equipo da TVG Os ósos duns mil anos de antigüidade que atoparon os arqueólogos que escavan no castro de Cereixa, na Pobra do Brollón, pertencen a unha muller. Esa é a primeira conclusión dos especialistas en arqueoloxía forense, que -malia a súa estatura- desbotan que se trate dun home. Así, de Atilano pasou a chamarse María Castaña. O esqueleto puido conservarse durante tanto tempo porque está rodeado de pedra cuarcita que serviu como illante. Agora váiselle realizar unha autopsia que permitirá coñecer como morreu, as súas doenzas e ata a súa dieta. Ademais, expertos en distintas disciplinas de toda Europa van analizar os ósos en laboratorio para indagar con máis profundidade na forma de vida nesta parte de Galicia hai un milenio. Na tumba, á parte do esqueleto, apareceu un obxecto metálico nunha das mans da muller que podería corresponder a un crucifixo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí