CRTVG

Buscar

Aceptan dous anos e medio de prisión os acusados de guindar explosivos caseiros nun patio de luces en Brión

Publicado o 06/02/2020 14:10

Os dous acusados aceptan unha pena de dous anos de prisión por un delito de tenza e fabricación de explosivos e outros seis meses por outro de ameazas. Tamén o pagamento dunha indemnización de 1.200 euros que tiveron que ingresar esta mesma mañá.

A defensa está satisfeita co acordo ao que chegaron coa fiscalía na Audiencia Provincial da Coruña, porque os acusados non terán que entrar no cárcere.

Acúsanos de fabricar e guindar botellas cun líquido inflamable para provocar explosións con ánimo intimidatorio no patio de veciños do inmoble en que residían en réxime de alugueiro no municipio coruñés de Brión e tamén de ameazar outros inquilinos do edificio.

Os acusados aceptaron o acordo, pero cren que, con este proceso, buscaban botalos do casa porque levaban un tempo sen pagar.

Tamén se lles impuxo unha orde de afastamento de 200 metros durante un período de tres anos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2020