Acepta unha condena de quince anos e seis meses por abuso continuado dunha menor
Publicado o 14/07/2020 10:48

Un veciño de Monforte aceptou ser condenado a 15 anos e seis meses de prisión polo delito continuado de abusos sexuais a unha menor.
Recoñeceuse como autor dunha serie de agresións sexuais a unha nena, ao longo de polo menos seis anos, aproveitándose da súa relación de parentesco.
A sentenza, que foi acordada entre a defensa e o fiscal da Audiencia Provincial de Lugo, inclúe unha orde de afastamento da vítima durante 25 anos e mais o pagamento de 50.000 euros en concepto de indemnización por danos morais.