CRTVG

Buscar

Acepta dous anos de prisión por apropiarse de 1,4 millóns dos clientes dun banco do Barco de Valdeorras

Publicado o 20/06/2019 16:37

O acusado, un ex-xestor dunha entidade bancaria no Barco de Valdeorras, aceptou ante o tribunal que se apropiara indebidamente de máis de 1,6 millóns de euros de 24 clientes en operacións fraudulentas realizadas dende o ano 1997 ata o 2014. A súa defensa e a Fiscalía, que pedía para el 2 anos de cárcere, chegaron a un acordo sobre a pena, e ao non ter antecedentes pediron que se suspendera a execución da condena, e poderá non entrar no cárcere. Con todo, terá que devolver eses cartos ao banco para o que traballou desde o ano 90, e que a entidade xa lles reitegrou aos clientes afectados, que formalizaron a denuncia en 2014 cando descubriron movementos estraños nas súas contas.

Segundo relata o ministerio público, o home aproveitou o coñecemento da operativa bancaria e dos contidos das contas e dos fondos de aforro e seguros de investimento para enriquecerse. Para facerse cos cartos, manipulou as cartillas e a documentación dos contratos e mesmo chegou a suplantar a firma dos verdadeiros titulares, para simular que interviñan nas súas operacións fraudulentas. Ademais, tamén retirou cartos en efectivo directamente das contas bancarias.

Por estes feitos está acusado dos delitos continuados de falsidade de documento mercantil e apropiación indebida.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019