Acepta 2 anos de prisión por estafar máis de 250.000 euros a miles de persoas ao simular unha enfermidade
Francisco Sanz, acusado de estafar miles de persoas simulando unha enfermidade terminal, aceptou unha pena de dous anos de cárcere despois de chegar a un acordo coa Fiscalía.
O xuízo comezou esta mañá. Acompañado dos seus avogados e sen facer declaracións, chegaba á Audiencia Provincial de Madrid Francisco Sanz, acusado de finxir unha enfermidade terminal para estafar máis de 250.000 euros a miles de persoas.
Ao inicio da vista, a defensa e a fiscalía chegaron a un acordo de conformidade polo que Sanz recoñece a estafa e acepta dous anos de cárcere, fronte aos seis que lle pedía o ministerio público.
A Fiscalía rebaixou tamén a súa petición de prisión para a exparella de Sanz, Lucía Carmona, de tres anos a 21 meses.
"Cremos que Lucía non debería estar neste xuízo, xa o dixemos noutras ocasións. Ela é unha vítima, unhas persoas para dar cartos e outras para que o axudaran a recadar".
Onde non houbo acordo foi sobre a posible responsabilidade civil dos procesados con cada un dos estafados, que se dirimirá durante o xuízo que se celebra na Audiencia madrileña.