CRTVG

Buscar

Acepta dous anos de cárcere por agredir un home en Camariñas

Publicado o 27/06/2019 14:05

Enfrontábase a unha petición de cinco anos de cárcere por agredir na praza de San Roque, en Camariñas, un home co que estaba enfadado. Foi en maio de 2015. Golpeouno na cabeza, cara e costelas, e o agredido quedou inconsciente e perdeu parte dunha orella ao caer e bater contra a beirarrúa. No xuízo celebrado esta mañá na Audiencia da Coruña, o procesado admitiu os feitos e conformouse cunha condena a dous anos de prisión.

A fiscala aplicoulle a atenuante de reparación do dano, porque depositou 3.250 euros para indeminizar a vítima. Tamén terá que pagarlle ao Sergas unha cantidade aínda por determinar para sufragar os gastos de atención ao lesionado. O condenado non terá que ingresar en prisión. A execución da condena quedou suspendida coa condición de que nos próximos tres anos non volva delinquir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019