ACEM pon en marcha a campaña "Móvete en taxi pola esclerose"
Galicia é a comunidade con maior prevalencia da esclerose múltiple. Hai mais de 4000 persoas diagnosticadas desta doenza, pero ainda hai moito descoñecemento e medo sobre ela. Por iso a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, ACEM, no seu 25 aniversario ven de poñer en marcha a campaña "Móvete en taxi pola esclerose", cun dobre obxectivo: visibilizar a doenza e recadar fondos para instalar un ximnasio de rehabilitación no centro.
Máis de 150 taxistas de Santiago, Ames e Teo colaboran nesta iniciativa. Colocaron vinilos da campaña nos coches e a bordo levan as pulseiras solidarias para a venda. Os profesionais sumáronse á propsota encantados.
As pulseiras custan 1 euro con cincuenta. Acem mércallas á Federación de Taxis andaluza que empezou elaborándoas para recadar cartos para a investigación do cancro infantil. Así que unha parte dos beneficios irán a este fin e outra á instalación dun ximnasio no centro de ACEM.
A campaña vaise desenvolver ata o 31 de maio de 2021, coincidindo co Día Mundial da Esclerose Múltiple.