CRTVG

Buscar

Aceites Abril conta con recoller preto de 50 toneladas de olivas cen por cento galegas

Publicado o 02/11/2020 14:18

 "Está no momento óptimo da recollida. Non temos que pasarnos de maduración porque senón o aceite sairía de peor calidade, e tampouco de verde, porque senón os rendementos básicos serían moi pequenos" di Rubén Gutiérrez, responsable de Agro de Aceites Abril.

O ano pasado recolleron 43.000 quilos de olivas galegas. Nesta colleita contan son chegar as 50 toneladas, con 15 hectáreas máis en produción. Rubén Gutiérrez subliña que "a meteoroloxía do mes de maio fixo que a producción fora menor".

Menos cantidade, pero olivas máis sas, que permitirán obter un aceite galego de máis calidade. No proceso é chave a sanidade da oliva e rapidez do proceso.

En menos de 24 horas esta oliva estará xa no muíño. A finais de ano contan con sacar ao mercado unhas 11.000 unidades.

Elena Canal, directora de Mercadotecnia de Aceites Abril, descata que o rendemento aquí e menor que no sur. Todos os anos que agota a produción pero este ano aínda hai algo debido o parón da hostalería pola covid-19.

Rubén Gutiérrez destaca as peculiaridades que teñen en Galicia as mesmas variedade que hai noutras zonas de España.

Características que fan que o aceite galego conte cun selo de garantía de calidade. En toda Galicia a colleita de oliva rozará os 145.000 quilos, unha produción semellante á do ano pasado, a pesar de que as oliveiras plantadas van a máis.

Noticias web

02/11/2020