Acción de limpeza do movemento cidadá Coidemos Lugo na contorna da ponte romana
Publicado o 24/10/2021 20:09
A iniciativa cidadá Coidemos Lugo pretende concienciar coa súa acción, limpando de lixo distintos lugares da cidade. Nesta ocasión déronse cita na contorna da ponte romana e o río Miño.
Na iniciativa participan voluntarios de diversas nacionalidades e de todas as idades. Tamén hai nenos.
Nin a chuvia lle afectou a este colectivo, que unha vez ao mes queda para coidar Lugo entre todos.