CRTVG

Buscar

Noite aciaga nas estradas galegas cun accidente mortal en Porto do Son

Publicado o 25/10/2019 09:20

Noite aciaga nas estradas galegas, cun accidente mortal en Porto do Son. Un veciño de 56 anos faleceu ao caer dentro do coche por un desnivel. Aínda non se sabe por que perdeu o control do volante. A vítima xubilárase hai uns meses, despois de pasar a vida traballando no mar.

Máis sorte tiveron os ocupantes de dous turismos que bateron de fronte en Santiago. Accidente moi aparatoso, que deixou con tres feridos, en principio, de carácter leve. Dúas delas son nai e filla.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019