CRTVG

Buscar

Un falecido e un ferido leve nun accidente de tráfico en Trabada

Publicado o 30/10/2019 08:06

• A vítima bateu de fronte con outro coche

• Foi necesario liberar o corpo de entre a ferraxe

Imaxes cedidas polo Progreso de Lugo

Un veciño de San Tirso de Abres, de sesenta anos de idade, morreu a noite pasada nunha brutal colisión entre dous vehículos á altura do quilómetro 19,180 da estrada Nacional 620, ao seu paso polo termo municipal de Trabada.

Segundo informaron fontes do Subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo, o sinistro produciuse arredor das 20:30 horas, por causas que aínda se están investigando.

Para auxiliar a vítima, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) mobilizou a Garda Civil de Tráfico, Urxencias Sanitarias-061 e os Bombeiros de Barreiros.

Os bombeiros de Barreiros sacaron a vítima do interior do seu vehículo, pero os profesionais sanitarios xa non puideron facer nada por salvar a súa vida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019