CRTVG

Buscar

Accidente mortal nun choque frontal entre un turismo e unha furgoneta nos Peares

Publicado o 24/03/2019 09:33

Unha persoa morreu e outra dúas resultaron feridas de diversa consideración nun accidente que tivo lugar esta tarde na estrada que une A Barrela cos Peares, a LU-P-1001, no concello de Carballedo.

Sobre as sete e vinte da tarde, un turismo chocou contra unha furgoneta. Faleceu a acompañante que ía no turismo, e o condutor quedou ferido grave. O condutor da furgoneta resultou ferido leve.

 

Noticias web

24/03/2019