CRTVG

Buscar

Atropelo mortal dun octoxenario no Barco de Valdeorras

Publicado o 20/10/2019 13:02

O falecido, de 84 anos, non levaba posto ningún elemento reflectante

Atropelo mortal esta noite no Barco de Valdeorras. A vítima é un home de 84 anos, veciño da parroquia de Xaogaza, que camiñaba pola estrada sen ningún elemento reflector. O condutor do turismo, que resultou ileso, deu negativo nas probas de alcol e drogas. Desde a Garda Civil de Tráfico lembran que os peóns son un colectivo moi vulnerable e insisten na importancia do uso de chalecos e pezas de alta visibilidade, especialmente nas horas de menos luz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019