CRTVG

Buscar

Falece un home nun accidente de tráfico en Madrid

Publicado o 16/02/2021 08:22

Os bombeiros da Comunidade de Madrid tiveron que liberar o corpo do condutor, que quedara atrapado no interior do coche.

Xa estaba morto. A acompañante, ferida, puido saír do vehículo polo seu pé. A Garda Civil investiga o sinistro, que aconteceu contra as nove da noite na M-50, á altura do municipio de Xetafe.





 

Noticias web

16/02/2021