CRTVG

Buscar

Catro feridos e seis vehículos implicados nun accidente de tráfico na avenida Portanet de Vigo

Publicado o 25/01/2020 14:26

Accidente brutal no centro de Vigo con seis vehículos implicados e catro feridos, un deles, un menor.Ocorreu contra as dez da mañá na avenida Portanet cando o condutor dun Mercedes sufriu un ataque de epilepsia e perdeu o control do vehículo, que acabou batendo contra un Peugeot, cuxo condutor está grave e tivo que ser excarerado polos bombeiros.

Contra ás dez da mañá os que pasaban por esta avenida Portanet de Vigo escoitaron un gran estrondo e viron unha nube de fume. O condutor deste vehículo un Mercedes que ía acompañado dunha menor e dunha muller perdeu o control do vehículo por mor dun ataque epiléptico. O seu vehículo impacto con este vehículo un Peugeot 206 cuxo condutor debeu ser excarcerado polos bombeiros de Balaídos que están a escasos metros e chegaron axiña.

Non foi o único ferido aínda que sí o máis grave, en total foron catro os feridos entre eles un menor.

O impacto acabou afectando a outros vehículos estacionados na zona. Ademais dos bombeiros, da policía local e dos operarios de guindastres tamén houbo persoal de limpeza de estradas,as restricións á circulación nesta zona aínda continuaban case dúas horas despois do sinistro.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020