CRTVG

Buscar

Accidente dun camión de gran tonelaxe na autovía do Barbanza

Publicado o 01/03/2019 14:38

Un camión de gran tonelaxe acabou envorcado no lateral á altura da Pobra. O condutor perdeu o control do tráiler ao tentar esquivar un coche que quedara parado por falta de gasolina. Houbo unha pequena vertedura do combustible do camión. Os bombeiros de Ribeira ocuparonse de baleirar o depósito para evitar que fose a maiores. 

Noticias web

01/03/2019