CRTVG

Buscar

Morre nun accidente na Merca o condutor dunha furgoneta que ía sen cinto

Publicado o 08/01/2018 08:41

E esta noite grave accidente de tráfico nas estradas ourensás cun morto. Sucedeu no centro da Merca ao saír da estrada este vehículo, caer por un desnivel desde unha altura de dous metros e envorcar. Un despiste puido ser a causa do accidente. O condutor, un home de 30 anos de nacionalidade romanesa, non levaba posto o cinto de seguridade. O seu corpo quedou atrapado baixo o furgón implicado no suceso. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2018