CRTVG

Buscar

Accidente de tráfico en Oza-Cesuras, cunha muller ferida trasladada ao hospital

Publicado o 13/05/2019 14:21

Unha muller quedou ferida esta mañá en Oza-Cesuras tras chocar a furgoneta que conducía contra un camión.

Foi na estrada AC-840 que une Betanzos con Curtis, un treito que rexistra unha alta sinistralidade viaria. O impacto contra o camión fixo que a furgoneta batera contra un farol e contra o peche dunha casa. Ao lugar desprazáronse os bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e urxencias sanitarias, que trasladou a muller ferida ao Complexo Hospitalario da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019