CRTVG

Buscar

Tres feridos en Maside tras dous accidentes de tráfico no mesmo punto da A-53

Publicado o 22/02/2020 21:51

Dous sinistros no mesmo punto da A-53, que une Ourense con Dozón, deixan un balance de catro persoas feridas de diversa consideración. O primeiro accidente, que quedou nun gran susto, foi o que provocou o segundo horas máis tarde.

Quilómetro 81 da A-53, á altura do concello ourensán de Maside. Un camión bate contra a medianeira. Son as sete e cuarto da mañá. O condutor logra saír polo seu propio pé. Non hai máis vehículos implicados.

"Estaba circulando e rebentoume a roda dianteira esquerda. O resto xa se ve: fóiseme o camión, bloqueouse a direción, arrastroume e choquei contra a medianeira", relata Antonio Calviño, condutor do camión accidentado.

A garda civil corta un dos carrís para poder retirar o tráiler accidentado. Precisan un guindastre de grandes dimensións. Entón, o susto remata por se converter en traxedia.

Un coche, que non ve a sinalización, bate contra os conos, colisiona con outro vehículo que circula correctamente e acaba impactando co guindastre. Os bomeiros tiveron que excarcerar unha persoa atrapada nun dos coches accidentados. Outra tivo que ser evacuada nun helicóptero medicalizado. O dobre sinistro que comezou nunsusto deixa unha parella con prognóstico grave. A súa filla menor e un amigo da familia, que viaxaban no mesmo vehículo, ingresaron nun centro hosptiralario con feridas leves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2020