Vinte feridos ao envorcar un autobús nunha saída da autovía en Alcobendas
Publicado o 03/06/2019 12:15
Accidente ocorrido esta noite en Madrid. Vinte persoas quedaron feridas, unha delas, unha muller de 73 anos, moi grave. Os feridos foron trasladados a distintos hospitais da contorna.
O autobús envorcou á altura de Alcobendas e, de momento, descoñécense as causas.