CRTVG

Buscar

Acampadas para ver a Pablo Alborán en Vigo

Publicado o 26/04/2019 22:23

Dende o luns levan acampadas no Instituto Feiral de Vigo varias ducias de seguidoras de Pablo Alborán para coller o mellor sitio no primeiro concerto da xira española do cantante malagueño.

O fenómeno fan é un clásico que non coñece idades nin fronteiras. En Vigo levan acampadas dende o luns este grupo de seguidoras de Pablo Alborán para seren as primeiras en coller sitio no concerto de mañá do cantante malagueño. Moitas delas veñen de fóra de Galicia e hai nais, avoas, mulleres que colleron vacacións para facer cola, e moita rapaza.

E teñen mérito, porque levan aguantado día e noite con pedrisco, treboadas e mesmo alerta laranxa. Todo é cuestión de organizarse e facer quendas para durmir e de avituallamento, e ter á man varios cargadores para o móbil. Moitas coñecéronse a través das redes sociais e van de xira xuntas.

Non é un concerto calquera, xa que se trata do primeiro en España da xira Prometo 2019. E a espera estalles a pagar a pena, porque xa recibiron un chío de Pablo Alborán mandándolles folgos e bicos.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019