Acabar coa exclusión e a desigualdade, obxectivo do Día dos Maiores
Publicado o 01/10/2019 20:13
Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas Maiores, centrado este ano na loita contra as desigualdades e a exclusión En 2030, a poboación mundial de máis de 60 anos superará os mil millóns de persoas.
O avellentamento e os cambios demográficos, sociais e estruturais agravarán as desigualdades ás que se enfrontan os maiores. Por iso, desde as institucións faise un chamamento a incorporar a experiencia dos vellos e convertelos nun activo para a sociedade. Tamén o Goberno galego reinvindicou o protagonismo dos maiores.