CRTVG

Buscar

Acaban de superar a covid os once membros dunha familia: un matrimonio con nove fillos

Publicado o 17/02/2021 13:43

No que levamos de pandemia, hai moitos casos de familias enteiras contaxiadas. Pero seguro que hai poucos como o que lles imos contar. É co caso de Paloma, unha influencer que viu como se contaxiaron os once membros da familia: ela, o seu home e os nove fillos.

Levan xa case dúas semanas co virus na casa e agora comezan a ver o final do túnel. Contaxiáronse os once. Paloma, o seu home e os nove fillos: dende o maior, de 18 anos, ata a máis pequena, de pouco máis dun ano. Primeiro, o mesmo día, caeron sete, logo os outros catro.

Cústalles entender como chegou a covid á súa casa, xa que dende o primeiro momento da pandemia adoptaron todo tipo de medidas de seguridade. Despois de dúas semanas moi duras, mañá sairán por primeira vez todos á rúa. A familia superou a covid. Este once gañou o partido.

 

Noticias web

17/02/2021