Acabado de chegar de Cannes, o galego Amador Arias, cóntanos a súa experiencia no festival
Publicado o 27/05/2019 17:23
Como se dun soño cumprido se tratase, o galego da Fonsagrada Amador Arias, da man do director Oliver Laxe, lograron o Premio da Crítica no Festival de Cannes.
Unha película en que participa a Televisión de Galicia, rodada nos Ancares e que narra a historia dun pirómano. Os protagonistas da película nunca actuaran antes, pero a crítica do festival francés quedou moi convencida dos seus papeis.