CRTVG

Buscar

Acaba na UCI con 32 anos tras diagnosticarlle a covid o día que ía vacinarse

Publicado o 06/08/2021 14:25

Yenny ten 32 anos e leva ingresada no hospital de Ourense 11 días. Ingresou con pneumonía. O seu estado complicouse e tivo que ser traslada á UCI.

No servizo de coidados intensivo de hospital de Ourense constataron unha diminución na idade dos ingresados nesta quinta onda. Neste intre, a doente máis nova ten 24 anos.

Yenny está a piques de abandonar o hospital, pero tras o vivido ten clara a importancia da vacina. Hai que extremar as precaucións para evitar as posibles consecuencias da enfermidade. A Yenny aínda lle queda unha longa recuperación na casa. 

Noticias web

06/08/2021