CRTVG

Buscar

Prisión incomunicada e sen fianza para o detido pola morte de Diana Quer

Publicado o 01/01/2018 15:23

• 'O Chicle' acolleuse ao seu dereito a non declarar

• O detido desmente que intentara violala 

A titular do Xulgado de Instrución número tres de Ribeira, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional incomunicada e sen fianza do sospeitoso de acabar coa vida de Diana Quer e de intentar raptar outra moza o pasado luns na localidade de Boiro. 

O auto indica que, sen prexuizo do que depare a instrución, é sospeitoso  de cometer os seguintes delitos: detención ilegal en grao de tentativa e roubo con violencia e intimidación, "sen prexuizo de delitos relativos á integridade física e psicolóxica que se puideran cometer". Investígaselle tamén por un delito de detención ilegal e homicidio doloso no caso de Diana Quer. Todo isto, indica a xuíz, "coa provisionalidade propia do momento procesal" e sen prexuizo de que o avance da investigación poda permitir outras calificacións máis graves, como a de asasinato. 

A xuíza acordou o seu ingreso no cárcere por entender que existe rico de fuga e reiteración delituosa, así como para evitar a ocultación, alteración ou destrución de probas. Ao investigado, que se acolleu ao seu dereito a non declarar, cónstanlle antecedentes xudiciais contra a seguridade vial e contra a saúde pública. 

A incomunicación adóptase a petición da fiscalía debido ao "elevado risco de destrución de fontes de proba" ou por risco a que "inflúa na declaración dos testigos dos feitos". Con respecto ao cadáver achado, o informe preliminar da autopsia indica que se trata dunha muller de entre 18 e 20 anos, de cabelo longo e escuro. A causa da morte está por determinar, pero non se evidencian signos de violencia, aínda que si de criminalidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2018