Absolven un lugués acusado de violar unha menor
Publicado o 24/12/2019 12:57
Absolven un veciño de Lugo acusado de violar e reter contra a súa vontade a unha menor de 14 anos. O mozo declarara no xuízo que as relacións foran consentidas e que descoñecía a idade da rapaza. A vítima, que agora é maior idade, non se presentou ao xuízo ao que foi citada ata en dúas ocasións.
A Audiencia provincial absolve ao mozo por falta de probas e ve diferenzas entre o testemuño da moza cando presentou a denuncia e o resultado da investigación. A fiscalía pedía 16 anos de prisión.