CRTVG

Buscar

Absolven de prevaricación o alcalde de Barreiros, Alfonso Fonte, e os demais edís

Publicado o 11/02/2019 20:32

Absoltos de prevaricación urbanística o alcalde de Barreiros Alfonso Fuente Parga e cinco concelleiros que formaban a xunta de Goberno Local en 2006. O Xulgado do Penal número 2 de Lugo absolve xunto a eles a arquitecta municipal do delito de prevaricación urbanística por a concesión de 44 licenzas para construír case 3.500 vivendas.

Na sentenza, o xuíz sostén que na proba practicada non queda probado "con claridade meridiana" que os acusados actuasen "a sabendas da inxusticia que cometían á hora de aprobar as licenzas". Contra a sentenza cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019