Absolven un empresario lugués do incendio da súa empresa
Publicado o 22/11/2019 13:18
A Audiencia Provincial de Lugo exime como autor do lume que calcinou unha moblería no Corgo o seu propietario. Ratifica así a sentenza do Penal 2 que recoñecía que había indicios contra o acusado, pero non probas concluíntes da súa participación, polo que foi absolto.
A sentenza recolle que o incendio foi intencionado, pois empregaron un líquido acelerador da combustión, anularon a alarma e accederon ao local coas chaves que ademais do dono tiñan outras tres persoas.