CRTVG

Buscar

Absolven un ancián nos Estados Unidos por ser bo pai

Publicado o 08/08/2019 14:05

Aos seus 96 anos, Víctor Coella senta ante o xuíz acusado de ir a máis velocidade da permitida nunha zona escolar. Pero tras a súa infracción hai unha historia capaz de conmover ata o mesmo maxistrado. O ancián cóntalle que sempre vai amodo e que só conduce cando é necesario, como desta volta. Tiña que levar o seu fillo ao médico. Ten 63 anos e padece cancro.

Victor Coella: "Lévoo facer análises de sangue cada dúas semanas porque ten cancro".

O xuíz, Frank Caprio, emocionado, destaca o bo pai que é.

Frank Caprio: "Realmente es un bo home. Aos teus noventa anos segues a coidar da túa familia. É marabilloso".

O maxistrado refírese ao seu propio fillo, presente na sala, é dille ao ancián, de broma, que é un mal exemplo, porque cando el teña 90 anos tamén lle vai pedir que o leve no coche. Desestima o caso e deséxalle boa sorte para pór fin a un xuizo cargado de humanidade.

Frank Caprio: "Deséxolle todo o mellor. O mellor para o seu fillo. Deséxolle boa saúde. O caso está desestimado".  

Noticias web

08/08/2019