CRTVG

Buscar

Absoltos os dous acusados de violar e roubar un home en Ourense

Publicado o 17/06/2020 10:38

Estaban acusados de roubar, bater e agredir sexualmente un home en Ourense. Pedíanlles 11 anos de cadea. Acaban de quedar absoltos. A Audiencia Provincial matiza: non hai secuelas físicas que evidencien golpes, nin tampouco signos de violación. Di o Tribunal que a declaración da vítima non foi nin contundente nin detallada.

Os feitos acoteceran hai dous anos. Segundo o denunciante, quedaran con el para venderlle un teléfono móbil. Di que o levaron a Oira nun coche e alí roubaronlle os cartos que levaba, o móbil, e, asegurou, tamén que o agrediron sexualmente.

Un dos procesados que estivo en prisión quedou xa en liberdade.

 

Noticias web

17/06/2020