CRTVG

Buscar

O caso da vertedura do río Barbaña en Ourense péchase sen culpables

Publicado o 14/09/2018 21:22

En Ourense, o caso da vertedura do río Barbaña péchase sen atopar os verdadeiros culpables. A xuíza absolveu hoxe os catro representantes da empresa que xestiona a depuradora de augas residuais de San Cibrao das Viñas. Considera que a única responsable da vertedura foi a empresa que a fixo. Pero esta empresa nunca chegou a ser identificada. Queda impune así o maior delito ecolóxico sufrido polo río Barbaña. Un suceso ocorrido no 2009 e no que morreron máis de 17.000 peixes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018