Absolto Rodrigo Rato e os outros 33 acusados no xuízo pola saída a bolsa de Bankia
Publicado o 29/09/2020 10:34
A Sala do Penal da Audiencia Nacional absolve dos delitos de estafa os investidores e falsidade contable os 34 acusados pola saída a bolsa de Bankia. Entre eles está o expresidente da entidade e do Fondo Monetario Internacional, Rodrigo Rato.
A sentenza, de 440 páxinas, destaca que a saída a bolsa da entidade foi intensamente supervisada e contou coa a aprobación do Banco de España, da Comisión Nacional do Mercado de Valores, do FROB e da Autoridade Bancaria Europea. Tamén sinala que o folleto tiña una ampla e certeira información financeira e non financeira, e que a entidade era viable. Amais indica que no xuízo só se expuxeron actitudes xenéricas dos acusados, sen imputarlles actos concretos.