CRTVG

Buscar

Absolto o garda civil que mantivo relacións cunha vítima de violencia machista

Publicado o 16/04/2019 18:24
Absolto o garda civil que mantivo relacións cunha vítima de violencia machista

A Audiencia absolve un garda civil acusado de manter relacións sexuais cunha vítima de violencia de xénero á que debía protexer. Os feitos xulgounos a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O axente desempeñaba entre 2016 e 2017 o cargo de brigada no posto da Garda Civil de Pontevedra. Era quen supervisaba e decidía nas actuacións relativas á violencia de xénero e ás ordes de protección vixentes.

O tribunal entende que a falta de ética do garda civil ao subir ao domicilio particular dunha vítima non implica que os feitos supoñan a comisión dun delito.

 

Noticias web

16/04/2019