CRTVG

Buscar

Absolto o ex-delegado da Xunta en Ourense Rogelio Martínez

Publicado o 24/06/2019 17:55
Absolto o ex-delegado da Xunta en Ourense Rogelio Martínez

Rogelio Martínez, o que fora delegado da Xunta en Ourense, acaba de ser absolto pola Audiencia Provincial dun delito de fraude cando era alcalde da Arnoia hai 13 anos.

Considera o tribunal que non houbo fraude nas subvencións concedidas pola UE para executar obras neste municipio do Ribeiro. Tampouco falsidade documental nin malversación de fondos públicos, tal e como sostiña a acusación particular exercida polo PSOE.

A resolución non é firme, admite recurso de casación ante o Supremo.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019