CRTVG

Buscar

Absolto o ex-alcalde de Sada, o popular Ernesto Anido, dun delito de prevaricación

Publicado o 12/04/2019 20:08
Absolto o ex-alcalde de Sada, o popular Ernesto Anido, dun delito de prevaricación

A Audiencia Provincial da Coruña acordou absolver o exalcalde de Sada (A Coruña) e candidato polo PP ás municipais, Ernesto Anido, dun delito de prevaricación administrativa polo proceso de contratación de coordinadora xeral do Concello para que o ocupase María B. V. L.  En concreto, a decisión considera que todas as actuacións de ex-rexedor "contaron con informes" nos que sustentarse xuridicamente e que avalaban a súa postura. "Por tanto, non é posible falar de ilegalidade substantiva, clara, manifesta ou patente nin de retorcemento do dereito", indica. Con todo, o tribunal si condena a María B. V. L. a un ano e medio de cárcere e ao pago dunha multa de 24.000 euros por un delito de tráfico de influencias da que considera como "única responsable". Ademais, senténciaa a indemnizar o Concello de Sada con 14.248 euros. 

Noticias web

12/04/2019