Absolto o dono dunha moblería do Corgo acusado de prenderlle lume ao seu negocio
Publicado o 20/08/2019 12:50
A Audiencia Provincial de Lugo absolveu o dono dunha moblería do Corgo acusado de prenderlle lume ao seu negocio. O empresario, que sempre defendeu a súa inocencia, enfrontábase a unha pena de tres anos de prisión. No xuízo declarou que non foi o autor do incendio que arrasou coas instalacións alegando que non necesitaba cobrar os cartos dos seguro xa que non tiña débedas. A aseguradora recorrerá contra a sentenza.