CRTVG

Buscar

Absolta unha muller por matar a súa parella porque pensaba que el a ía matar

Publicado o 25/10/2019 15:37

Culpable do delito de homicidio contra a súa parella pero absolta coa eximente completa de medo insuperable, xa que a acusada pensou que el a ía matar. Foi a sentenza deste xuízo celebrado con xurado popular esta semana na Audiencia Provincial de Guadalaxara. O avogado compostelán Evaristo Nogueira explícanos esta resolución pouco usual.

A acusada declarou que o matou despois dunha forte discusión en que o home a agarrou polo pescozo, ela pensou que a ía afogar e apuñalouno. Os feitos aconteceron en setembro do ano pasado. A fiscalía pedía sete anos de prisión por considerar a actuación desproporcionada.

Noticias web

25/10/2019