CRTVG

Buscar

Absolta no Salvador a moza que deu a luz un bebé morto tras ser violada

Publicado o 20/08/2019 12:18

A moza que deu a luz un bebé morto tras ser violada e que fora acusada de homicidio no Salvador foi absolta por un tribunal do país centroamericano.
O caso de Evelyn Hernández traspasou as fronteiras salvadoreñas e foi obxecto de atención por parte das organizacións internacionais de dereitos humanos e de activistas en favor da despenalización do aborto.
No Salvador hai moitos casos como o dela.
Evelyn foi violada por un membro dunha banda en 2016 e tivo un parto extrahospitalario con resultado de morte do bebé polo que a fiscalía salvadoreña pedía para ela 40 anos de cárcere por homicidio agravado. Finalmente cumpriu só 3.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019