CRTVG

Buscar

"Abride a fiestra" de Rosalía de Castro, unha xornada para achegarnos á escritora

Publicado o 14/07/2019 15:14

Non se ven hoxe as velas das embarcacións que surcaban as augas do Ulla e que Rosalía quería ver antes de morrer, pero os seus poemas seguen resoando nas salas da casa da Matanza.
As últimas vontades, expresadas nesta cama, convocan no aniversario do seu pasamento a centos de persoas que se queren achegar á autora a través de recitais poéticos, conferencias, música ou visitas guiadas pola súa casa.

"Que a xente sinta súa esta casa, porque é de todos. É unha casa comunal, construída entre todos para Rosalía de Castro. Dicía Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro
E non só os recordos de Rosalía enchen estes muros. Hoxe o escritor Pedro Feijoo, que na súa Memoria da choiva deixou un cravo chantado no corazón dun morto, envolvíanos de novo co misterio artístico doutro membro da familia, o fillo artista, Ovidio Murguía.

"Esta paleta que Murguía pinta no ano 1896 e que aparentemente non é máis que unha paleta de pintor cunha paisaxe invernal. Pero como case todo o que ten que ver con Rosalía tanén agocha o seu propio misterio e ten a súa historia co seu fío de suspense detrás, porque se puideramos ver esta paleta por detrás veriamos que esconde un nome de muller pintado á man, dona Engracia Villegas" Guíanos por esta historia o escritor Pedro Feijoo.

A relación entre esta muller e Ovidio Murguía queda en suspense, mentres Rosalía e Murguía pai, de corpo presentes, percorreron os xardíns discretamente, mesturáronse cos convidados sen verense na obriga de exercer de anfitrións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019