CRTVG

Buscar

Abren xuízo oral a Rato por presuntos delitos fiscais, branqueo e corrupción

Publicado o 02/06/2021 11:51
Abren xuízo oral a Rato por presuntos delitos fiscais, branqueo e corrupción

O Xulgado de Instrución número 31 de Madrid acordou abrir xuízo oral contra o exvicepresidente do Goberno, Rodrigo Rato, na causa que investiga a orixe do seu patrimonio, por presuntos delitos contra a Facenda Pública, branqueo e corrupción entre particulares.

O xuíz Antonio Serrano-Arnal, no auto que se deu a coñecer este mércores, descarta engadir unha suposta falsidade continuada e insolvencia punible, tal e como solicitaba o Ministerio Público. 

A Fiscalía anticorrupción pide case 70 anos de cárcere para o exministro de Economía por defraudar 8,5 millóns de euros. Acúsao de once delitos contra a Facenda Pública, un por branqueo de capitais, outro de insolvencia punible e por corrupción de negocios.

Ábrese tamén xuízo a outras 17 persoas e solicítalle que presente unha fianza de 65,1 millóns de euros no prazo dun día para poder garantir unha posible responsabilidade civil.

Noticias web

02/06/2021