CRTVG

Buscar

Abren un centro de día con 30 prazas en Culleredo

Publicado o 28/01/2020 15:22
Abren un centro de día con 30 prazas en Culleredo

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña abriu un centro de día con capacidade para 30 usuarios. O novo espazo está no Concello de Culleredo. Ofrecerá tratamentos de rehabilitación e tamén servizo de comedor.

No acto de inauguración, a Conselleira de Política Social destacou que o número de prazas para persoas con dano cerebral adquirido se multiplicou por cinco na última década.

Noticias web

28/01/2020