CRTVG

Buscar

Abren os trámites para a inscrición nos campamentos de verán

Publicado o 29/05/2020 16:47

De surf, urbanos, de ciencias, de teconoloxía ou de remo... hainos de case todo. Pero este ano a seguridade e a protección por causa do coronavirus pode modificar as condicións. Inda así moitos campamentos teñen xa abertos os trámites de inscrición.

No concello da Coruña están abertos para as case 7.500 prazas que ofertan nos seus campamentos urbanos. A intención é axudar á conciliacion da familas. Empezaría o 22 de xuño, con 15 nenos por grupo, entre as medidas de seguridade que xa poden ir prevendo.

O Goberno central e o da Xunta traballan nos protocolos que se van aplicar a nivel xeral. Mentres, empresas que organizan todo tipo de campamentos prepáranse para recibir os rapaces. Nesta de surf adoitan traballar con clientes de Austria, Alemaña e Madrid, que de momento polas restricións de mobilidade non é posible. Saben tamén que terán que aumentar o número de traballadores para poder garantir a seguridade.

Cun verán que parece adiantado, os días de campamento fanse desexar.

Noticias web

29/05/2020