CRTVG

Buscar

Abren expediente disciplonario contra o fiscal xeral de Ourense

Publicado o 22/03/2019 20:26
Abren expediente disciplonario contra o fiscal xeral de Ourense

A Fiscalía Xeral do Estado ábrelle un expediente disciplinario ao fiscal xefe de Ourense por varias faltas moi graves. A investigación abriuse tras a denuncia dos avogados da ex-concelleira de Ourense Aúrea Soto por unhas supostas actuacións irregulares nunhas dilixencias abertas no Xulgado de Instrución número 1. O informe da inspección aprecia motivos para investigar a Florentino Delgado por abuso de autoridade, atraso inxustificado e por non absterse sabendo que tiña que facelo por inimizade coa acusación.

Noticias web

22/03/2019