CRTVG

Buscar

Investigan por prevaricación a cesión da prisión coruñesa ao Proxecto Cárcere

Publicado o 10/10/2018 20:25

O Xulgado de Instrución nº 8 da Coruña abre dilixencias previas por un posible delito de prevaricación administrativa por parte do Goberno local da Coruña no proceso de cesión de uso da antiga prisión provincial ao colectivo Proxecto Cárcere.

Responde así á denuncia presentada pola Fiscalía que a instancias do Partido Popular puxera os feitos en coñecemento do xulgado. O alcalde da Coruña di que é unha actuación ordinaria que responde á iniciativa do Ministerio Público e reitera que o Concello non cometeu irregularidade ningunha.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018