CRTVG

Buscar

Abre unha tenda de produtos de limpeza ecosostibles a granel en Vigo

Publicado o 18/03/2019 20:27

O uso abusivo dos plásicos é un dos principais problemas da contaminación dos nosos océanos. Por iso, reducir o seu consumo é tan importante. Cada día en Galicia hai máis tendas que apostan por vender os seus produtos a granel, sen bandexas nin recubrimentos. Ademais, seguindo esa filosofía, apostan por produtos máis ecolóxicos.

Cada vez que mercamos no supermercado lavalouza ou suavizante para a roupa, levamos tamén unha nova botella. Envases de plástico que antes de seren reciclados poderían ter unha nova vida.

Con esta idea nace unha nova tenda en Vigo de produtos de limpeza a granel e ecosostibles.

Aquí todos os produtos son ecosostibles e altamente biodegradables, agás a lexivia, pero tamén para ela teñen alternativas menos agresivas e máis hixienizantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019