CRTVG

Buscar

Abre un novo estacionamento público no CHUO de 433 prazas

Publicado o 09/09/2019 21:48

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense dispón dende esta tarde dun novo estacionamento público. Está aberto as 24 horas e a primeira media hora é de balde. Haberá bonos de 10, 15 e 30 días para persoas con longas estancias no hospital.

O aparcadoiro ten dous andares, dispón de 433 prazas, 26 delas para persoas con mobilidade reducida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019