CRTVG

Buscar

Abre Talentia Summit 2019, a feira do talento e o emprego en Santiago

Publicado o 22/10/2019 16:33

"Cos coñecementos que teño gustaríame enlazar cara ao mundo dixital".

Rocío é unha das participantes en Talentia Summit. Coma ela, máis de 3.000 persoas visitan esta feira en busca dun posto de traballo e coa meta de desenvolver o seu talento.

Rocío García, participa en Talentia: "A oportunidade para ver o que hai no mundo laboral, ter outra opción de encontrar un traballo".

Para conseguilo contan cos postos de mentorización.

Begoña Rodríguez, mentora: "Para acompañar no crecemento dixital as persoas que necesitan e que queren desenvolver ese talento".

100 empresas buscan o talento nesta feira, así ofertan máis de 1.000 vacantes en distintos sectores.

Paul Tran, director de RRHH de Hijos de Rivera: "De promotor comercial na zona de Ferrol, temos outra oferta para o departamento loxístico, que é unha bolsa, e outra é un posto un pouco especial que chamamos de cultura de cervexa".

Alberto Rodríguez, xerente de Alda Hoteles: "No sector hoteleiro a maioría é de recepcionistas e persoas de limpeza, pero si que traemos tres vacantes para Santiago especificamente, que é unha persoa para levar a parte mercantil e fiscal de empresa e un técnico de relacións laborais, ademais temos unha busca continua de xente dedicada á programación".

Ademais de achegar empresas e talento entre si, o Talentia oferta diversos cursos de formación así como a obtención de certificacións oficiais e outras actividades para lograr o obxectivo: acadar un emprego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019